Compartindo experiencias en composta en red PDF Imprimir Correo-e

 

ADEGA participou esta semana no 2º seminario sobre implementación, desenvolvemento e seguimento de proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria organizado por composta en red www.compostaenred.org que é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolve experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria, da cal ADEGA forma é socia.

Nesta ocasión viaxamos a Barcelona, exemplo de boas prácticas da axencia de residuos catalana, esta administración decidiu tomar medidas serias para  valorizar os seus residuos, para elo a lexislación  obriga a recollida selectiva da materia orgánica e que fan con ela?? Toda destinada a compostaxe!! Implantaron a lei de canon onde se penaliza con case 13 € a tonelada de residuos destinada a vertedoiro, estes cartos recaudados son destinados a subvencionar proxectos que reduzan a cantidade de residuos xerada como por exemplo a compostaxe doméstica ou comunitaria con 20€ por composteiro individual e 60€ por composteiro comunitario. Tamén a comarca é sancionada se non ten implantado un plan estratéxico de redución de residuos. A raíz de estes cambios lexislativos cada comarca ou unidade de xestión organizase segundo as súas necesidades, por exemplo na cidade de Barcelona implantouse o 5º contedor para a recollida de materia orgánica, puntos de compostaxe comunitario nos parques e unha rede de 22 puntos limpos urbanos.

Ler máis...
 
Primavera ambiental na UDC PDF Imprimir Correo-e

Seguindo o calendario de actividades do ciclo primavera ambiental, este martes temos unha conferencia sobre as actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas. A conferencia será no salón de actos da facultade de arquitectura ás 12:00h

Os ponentes convidados son:


Jesús Giz Novo
Enxeñeiro Industrial. Técnico Superior de Mantementos  e responsable de instalacións na UDC.Cunha traxectoria profesional con inquietudes no eido da sustentabilidade ambiental, experto en eficiencia enerxética de edificios de terciario e aplicación de enerxías renovables.


José M. Golpe Acuña
Técnico en Enerxías Renovables da FAEPAC. Experto en auditorías enerxéticas e análise de eficiencia
enerxética eléctrica e térmica. Docente en cursos de formación e poñente en numerosos foros sobre eficiencia
enerxética e enerxías renovables.

Ramses Pérez

Coordinador da equipa de educación ambiental de ADEGA (asc para a defensa ecolóxica de Galiza). Presentará o programa de educación ambiental  “Fogares Verdes” programa de acompañamento domiciliario cuxo obxectivo é a redución de auga e enerxía no fogar.

 
A compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís PDF Imprimir Correo-e


O próximo venres  11 de maio ás 17:00h  poñeremos a andar a experiencia da compostaxe comunitaria nas hortas de Belvis.
O composteiro é o complemento ideal para o bo funcionamento nunha horta. Así temos un espazo para botar todos os residuos orgánicos xerados  e convertelos en compost mediante a sinxela e tradicional técnica da compostaxe. Ademais o compost podemos utilizalo como abono para a práctica da agricultura. Deste xeito pechamos o ciclo da material orgánica nas hortas de Belvis.
A particularidade destas hortas é que son urbanas polo que os usuarios e usuarias das hortas cuxa vivenda son pisos tamén poderán compostar os residuos orgánicos xerados na casa, aumentando a taxa de reciclaxe e sendo mais autosuficientes na xestión dos residuos.
A actividade do venres nas hortas de Belvis consistirá nunha explicación da técnica da compostaxe impartida por unha educadora ambiental de ADEGA, acondicionamento da zona, instalación do composteiro e primeiros pasos para un bo funcionamento do composteiro, ao remate da actividade poderemos compartir unha merenda nas hortas.
Máis info: María R Lafuente 628 37 88 04
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Resultados do programa de compostaxe de Poio PDF Imprimir Correo-e

 

 

Recientemente dimos por finalizado o primeiro programa de compostaxe no concello de Poio.
Este proxecto tivo unha duración de aproximadamente dez meses para a súa posta en práctica e obtención de resultados, dende que comeza o reparto dos composteiros ata que se recolle o compost. O prazo de inscricións foi o mes de maio, neste período inscribíronse 54 persoas polo que se decidiu ampliar o programa de 50 a 54.  A charla e reparto dos composteiros tivo lugar no mes de  xuño, na Reiboa ( A Seca). No mes de xullo, iniciouse a rolda das primeiras visitas. Co obxectivo de observar o proceso e a resolución de dúbidas, as segundas visitas tiveron lugar no mes de setembro e as terceiras e últimas entre os meses de xaneiro e febreiro.  Nesta recolléronse datos e fíxose unha avaliación do programa mediante unha enquisa. (prema para ver os resultados)

Ler máis...
 
VEN A FEIRA na EIRA da XOANA ! PDF Imprimir Correo-e

 

 

Este domingo 18 de marzo, ADEGA organiza a I FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana ( Ramil,  Agolada). Poderemos pasar unha agradable xornada mercando, desfrutando da contorna e incluso quedarnos a xantar, xa que ADEGA porá callos, polbo, viño, auga e café a un prezo moi módico.Tamén disporemos de empanadas, queixos, doces e moitos mais produtos a escoller entre a ampla oferta dos postos que asistirán.A feira abrirá ao público ás 11.00 horas e durará ata as 18:30 – 19:00 . Ainda que o tempo non nos acompañe os nosos produtores, artesáns, colectivos  e todos aqueles que asistan a feira estarán baixo cuberto nas carpas que disporá o concello de Agolada para tal fin, polo que a choiva tan esperada soamente mollará os nosas terras, que xa iba sendo hora...

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 24
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.