| Adega |
|
|
|
¿Qué É?, ¿Qué PRETENDEMOS?, ¿Cómo NOS ORGANIZAMOS?,...A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrucción ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.
ADEGA leva máis de 30 anos erguendo a súa voz en defensa do ambiente do que depende a calidade de vida dos galegos e galegas. ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ámbalas dúas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a língua propias de Galiza. ![]()
ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordenadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
ADEGA realiza múltiples accións para protestar contra as agresións ambientais, incluíndo accións directas non violentas. O ámbito de actuación de ADEGA abrangue todo o país, polo que a súa estrutura atópase organizada en Delegacións locais que teñen competencias sobre a súa demarcación, traballando sempre en coordenación coa Delegación Nacional, encargada de prestar apoio ás iniciativas locais e desenvolver o traballo que supere as demarcacións locais.
EstructuraTen tres órganos decisorios: a Asemblea Xeral, A Xunta Directiva Xeral e a Comisión Permanente, sendo o primeiro o máximo órgano de Goberno
A Xunta Directiva Xeral é o principal órgano de goberno entre asemblea easemblea. Está formada polo/a presidente/a, o/a vicepresidente/a, o/a secretario/a xeral, o/a vicesecretario/a xeral, o/a tesoureira, representantes das delegacións e vocais responsábeis da coordinación das diferentes áreas de traballo. A Comisión Permanente, elixida tamén pola Asemblea Xeral, está constituída por sete membros da Xunta Directiva Xeral e encárgase de dirixir a xestión cotiá da asociación. Todos os cargos da Xunta Directiva Xeral e da Comisión Permanente son elixidos por períodos bianuais renovábeis Asi mesmo, para atinxir os obxectivos marcados, e sempre parindo da complexidade do medioambiente, Adega organízase por áreas ás que soe asociarse unha vogalia ou comisión de traballo. Rede Natura e espazos naturais, saúde ambiental, ríos, resíduos, pacifismo e globalización ou educación ambiental son alguns exemplos.
|






ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 30 anos. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos.

A Asemblea Xeral, á que poden asistir todos os socios e socias con voz e con voto, é o máximo órgano de goberno de ADEGA. A Asemblea Xeral, que se reúne de forma ordinaria unha vez ao ano, establece as liñas de actuación da asociación, debate os balances de actividades e económico e elixe os membros da Xunta Directiva Xeral, cuxo mandato é de dous anos.