|
As actividades de EA nos centros escolares do Barbanza renováronse en maio |
|
|
|
|
ADEGA continuou no mes de maio co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza dentro do programa “O Lixo Dende o Teu Concello”. Retomáronse as actividades despois de rematar o anterior convenio no mes de abril. Durante este mes nos achegamos ata o CEIP de Pedrouzos en Brión, IES de Lamas de Castelo en Carnota e o IES As Insuas en Muros.
A finalidade do Programa da Mancomunidade do Barbanza é dar a coñecer o Plano de Residuos da Mancomunidade á cidadanía, expoñendo as vantaxes dun modelo de xestión que plantexa a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica e de boa parte do resto dos residuos producidos pola veciñanza. Durante as charlas e obradoiros que se fan dentro deste programa preténdese incidir nas actitudes e prácticas dos veciños e veciñas destes concellos ( tanto maiores coma nenos ) para que na súa vida cotiá separen ecoloxicamente os residuos en miras de achegarnos a un modelo máis sustentábel na xestión dos refugallos.
O vindeiro mes de xuño iremos as escolas de educación infantil dos Anxeles e Sabaxans en Brión, o CEIP de Santa Irene en Portodoson e o CEIP Felipe de Castro en Noia onde poñeremos en práctica todos estes obxetivos mediante diferentes obradoiros de Residuos e consumo, Reciclaxe de papel e Fabricación de Xoguetes a partir de materiais de refugallo.
+ información: Marga Miguens -Responsable de Educación Ambiental Xeral Tlfno:981570099 email:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|