Rematou a novena edición do Programa de Educación Ambiental en Santiago de Compostela PDF Imprimir Correo-e

Por noveno ano consecutivo Adega e o Concello de Santiago de Compostela, nomeadamente a concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a de Educación, realizaron o Programa de Educación Ambiental durante o curso 2009-2010. Este programa vai dirixido a todolos centros escolares do Concello de Santiago dende Infantil ata Bacharelato e contou cun total de 1200 participantes aproximadamente, repartidos en  20 centros.

 

 

 


As actividades de Educación Ambiental en centros escolares de Santiago comezaron a primeira semana de novembro e remataron no mes de xuño.
Estructúraronse de novo en 10 bloques temáticos, que tratan diferentes temáticas no que se pretende achegar a cidadanía, as cuestións medioambientais máis próximas, auga, enerxía, residuos, biodiversidade...e tamén se pretende fomentar a responsabilidade dos cidadáns en referencia a estes temas e a súa participación activa na búsqueda das solucións máis respetuosas coa conservación, a protección ambiental e a sustentabilidade.

Este ano por ser o “Ano internacional da Biodiversidade” fixose fincapé nesta  temática que tivo moi boa acollida. Ademáis o bloque de Saberes autóctonos foi outro dos mais solicitados incluindo novos obradoiros como a fabricación de plastilina e xabón.

Marga Miguens -Responsable do programa de Educación Ambiental Xeral

Tlfno:680 50 34 35  email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.