|
|
|
Continúan as actividades do Programa de Educación Ambiental do concello de Compostela |
|
|
|
|
Despois do paréntese do nadal, as actividades de Educación Ambiental en centros escolares de Santiago continuarán mañá no Colexio San Jorge, onde se farán duas sesións informativas e obradoiros dentro da temática dos saberes autóctonos, participando un total de 50 alumnos de infantil. A finais desta semana as actividades continuarán no IES do Sar dentro da temática do cambio climático, con alumnos de 2º da ESO. No mes de febreiro adicaremos a primeira semana ao consumo sustentábel facendo visitas guiadas á Praza de Abastos con alumnos/as de infantil do colexio Compañía de María.
|
|
Ler máis...
|
|
A formación ambiental de outubro adicouse a visitar equipamentos de Portugal |
|
|
|
|
O curso de formación de outubro que organiza mensualmente Adega estivo adicado á visita de dous equipamentos portugueses especializados en duas temáticas traballadas habitualmente na asociación, auga e residuos. A visita permitiunos coñecer as suas experiencias e compartir coñecementos prácticas e experiencias.
|
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Muros súmase á Rede de Fogares Verdes |
|
|
|
|
Vintecinco novos fogares participarán do aforro de auga e enerxía en Muros. O pasado luns día 5 de outubro tivo lugar na Aula de San Xosé do concello de Muros unha charla informativa aberta a todas/os veciños para explicar os pormenores do programa de educación ambiental Fogares Verdes que se desenvolverá ao longo dun ano neste concello costeiro, ao abeiro das axudas de sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
|
|
Ler máis...
|
|
Seis novos concellos se suman ao programa de compostaxe doméstica |
|
|
|
|
Ao longo do mes de outubro e novembro os concellos de Teo, Porriño, Carral, Melide e Toques e Oza dos Ríos van poñer en marcha senllos programas de compostaxe caseira en colaboración con Adega. As experiencias poñense en marcha ao abeiro das axudas de sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 5 de 13 |