|
|
|
Curso de formación sobre plantas medicinais |
|
|
|
|
A Comisión de Educación Ambiental de ADEGA realizou un curso de fomación sobre plantas medicinais o mércores 7 de outubro, seguindo a liña de traballo comezada a principios de ano co curso de formación de tóxicos no fogar. Se analisaron experiencias de educación ambiental sobre o tema, ademais de coñecer e elaborar as nosas propias receitas caseiras con plantas medicinais, intentando así disminuir un pouco a cantidade de medicamentos e cremas que a veces ateigan o botiquín da nosa casa.
|
|
Ler máis...
|
|
ADEGA PARTICIPOU NUN SEMINARIO DE COMUNICACIÓN AMBIENTAL EN SALAMANCA |
|
|
|
|
Os pasados 25, 26 e 27 de setembro, membros de ADEGA asistiron ao Seminario “A comunicación ambiental desde as ONGs: innovación na transmisión das mensaxes” que organizaba a Fundación Tormes EB de Salamanca nas súas instalacións en Almenara de Tormes. O seminario estaba dirixido a representantes de organizacións sen ánimo de lucro ou ONGs que quixeran aprender novas técnicas de comunicación de mensaxes á cidadanía e reforzar as relacións cos medios de comunicación convencionais.
|
|
Ler máis...
|
|
Arranca no concello de Lalín unha nova edición do programa "fogares verdes" |
|
|
|
|
O luns 20 de xullo iniciase no concello de Lalín o programa de educación ambiental Fogares verdes cunha primeira charla informativa. O pasado 20 de xullo ás 20.00h no consistorio do concello de Lalín tivo lugar unha charla aberta a todas/os os veciños interesados en recibir información sobre o programa de aforro de enerxía e auga no fogar.
|
|
Ler máis...
|
|
Adega participa na VIII edición da escola de verán do concello de Santiago |
|
|
|
Un ano máis Adega participa na escola de verán, ofrecendo ós participantes un espazo lúdico-educativo no que poder divertirse e aprender ó mesmo tempo.
Ó igual que en anos anteriores Adega ofertou, ós 38 nenos participantes na escola de verán, un calendario de actividades relacionadas coa defensa do medioambiente. Nesta edición de xuño do 2009 as xornadas levaron por título “Un mundo de enerxía”, sendo as enerxías renovables, o fío conductor do traballo que se desenvolveu ó longo de toda a semana cos nenos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 6 de 13 |