|
|
|
Formación en Educación Ambiental de ADEGA |
|
|
|
|
Co comezo do ano a Comisión de Educación Ambiental de ADEGA iniciou unha serie de actividades de formación que pretende aportar coñecementos e capacitar as educadoras amientais nunha sociedade en continuo cambio e evolución. O programa de formación, continuo e aberto, pretende igualmente ser un espazo de reflexión e debate sobre a educación que se está realizando en Galiza e nos resto do estado, así como da educación ambiental que se desenvolve na mesma asociación. As actividades serán diversas e estarán enmarcadas tanto, dentro dos programas que desenvolve a asociación como calqueira temática que sexan de interese para as educadoras, socios, etc,. As sesións mensuais se adaptarán as necesidades e inquedanzas da equipa de educación ambiental así como socias e socios de Adega ou simpatizantes. Charlas, obradorios, saídas, debates, xogos, etc, serán algún dos formatos no que se traduza este foro permanente de formación en educación ambiental.
|
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Porriño súmase á Compostaxe caseira |
|
|
|
 No concello de Porriño xa fan compostaxe caseira, o concello de o Porriño sumase a compostaxe igual que o seu concello veciño Mos que xa leva repartidos 215 composteiros en catro programas diferentes nos ultimos 4 anos. No Porriño levase a cabo o primeiro programa de compostaxe dende a concelleria de Medio Ambiente repartironse 25 composteiros entre os seus veciños e a asociación para a defensa ecoloxica de Galiza (ADEGA) encargase do programa educativo, dende ADEGA pretendese dar a coñecer a posibilidade de tratar estes residuos no propio fogar (na horta ou xardín) e subministrar os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro. |
|
Ler máis...
|
|
Por un Nadal máis verde: caderno para superar as festas do consumismo |
|
|
|
|
Desde hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social.
Baixa o caderno premendo aqui |
|
Ler máis...
|
|
XX Encontro Estatal de Amantes do Lixo |
|
|
|
|
Durante o fin de semana do 5 ó 8 de decembro ADEGA participou no XX encontro estatal de amantes do lixo celebrado en Basauri (Bizkaia). No encontro participaron un centenar de persoas que representan a grupos ecoloxistas e medioambientais, entidades recuperadoras de economia social e grupos de educación ambiental.
Ao encontro acudimos persoas que nos declaramos amigas do lixo. A intención é xuntarnos tres dias ó ano para debatir e reunir experiencias, o obxetivo principal deste foro non é xuntar só a ecoloxistas o persoas maís ou menos preocupadas polo medio ambiente, senon tamén a docentes, ás cooperativas e a colectivos que fan traballos de recuperación. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 9 de 13 |