| Retorna despois do nadal o Programa “O Lixo Desde o Teu Concello” |
|
|
|
|
ADEGA seguirá realizando actividades co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza agora que rematou o nadal . Os centros de ensino que ainda non fixeron a súa solicitude ainda podem facelo . ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
Neste mes de xaneiro que comeza estaremos no CPI Cernadas de Castro (Lousame) e o Colexio Mª Asumpta ( Noia) traballando as temáticas de Residuos e consumo, Reciclaxe de papel e os Tóxicos no fogar. A continuación mostramos o cronograma destas actividades:
A finalidade do Programa da Mancomunidade do Barbanza é dar a coñecer o Plano de Residuos da Mancomunidade á cidadanía, expoñendo as vantaxes dun modelo de xestión que plantexa a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica e de boa parte do resto dos residuos producidos pola veciñanza. Durante as charlas e obradoiros que se fan dentro deste programa preténdese incidir nas actitudes e prácticas dos veciños e veciñas destes concellos ( tanto maiores coma nenos ) para que na súa vida cotiá separen ecoloxicamente os residuos en miras de achegarnos a un modelo máis sustentábel na xestión dos refugallos. Para solicitar a participación no Programa, os centros de ensino e demais entidades pertencentes a Mancomunidade do Barbanza, poden enviar a ADEGA a inscripción remitida pola Mancomunidade ou ben directamente poñerse en contacto ca persoa responsable do Programa: Marga Miguens - Responsable de Educación Ambiental Xeral
|






